Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Luns, 19 de agosto de 2013 Páx. 33323

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (791/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento 791/2012 deste xulgado do social seguido por instancia de Almudena Boo Carril contra a empresa Promociones Panama 14, S.A., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Auto.

En Santiago de Compostela o 24 de xullo de 2013.

Maxistrada xuíza que o dita: Susana Villarino Moure.

Parte dispositiva.

Acordo rectificar a sentenza do 7 de xuño de 2013 de forma que no seu feito probado terceiro onde sinala como data de extinción da relación laboral o 13 de decembro de 2012, debe dicir o 13 de setembro de 2012.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ningún, sen prexuízo dos que poidan interpoñerse contra a sentenza.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas para a súa unión á sentenza rectificada e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza.

E para que sirva de notificación a Promociones Panama 14, S.A. por estar en ignorado paradoiro insírese o presente no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2013

A secretaria xudicial