Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Luns, 19 de agosto de 2013 Páx. 33320

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (174/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 174/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Joaquín Formoso López contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A. sobre ordinario, se ditou auto en data do 22 de xullo de 2013 e decreto en data 24 de xullo de 2013, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución da sentenza ditada no procedemento ordinario 76/2012 a favor da parte executante, Joaquín Formoso López, fronte a Esabe Vigilancia, S.A., parte executada, por importe de 424,20 euros de principal, máis 30,14 euros de xuros de mora, máis 200 euros de honorarios de letrado da parte demandante e de 45,43 euros en concepto provisional de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Este auto, xunto co decreto que ditará o/a secretario/a xudicial, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, e quedará a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, que se interpoñerá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, en que ademais de alegar as posibles infraccións en que incorrese a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que sucedesen con posterioridade á súa constitución do título, e non será a compensación e débedas admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Español de Crédito, conta nº 00301846420005001274 debendo indicar no campo concepto, “Recurso” seguido do código “30 Social-Reposición”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o “código 30 Social-Reposición”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza.

A secretaria xudicial».

E a parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva.

Acordo: acumular a presente execución número 174/2013 á seguida nesta oficina xudicial co número 173/2013.

Lévese testemuño á execución de razón, e o orixinal ao libro correspondente de decretos.

Notifíquese ás partes.

Modo de impugnación: mediante recurso de revisión que se interpoñerá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que, a xuízo do recorrente, contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acordo e asino.

A secretaria xudicial».

Advírteselle ao destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Esabe Vigilancia, S.A., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2013

A secretaria xudicial