Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Luns, 19 de agosto de 2013 Páx. 33324

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (50/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 50/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Plácido Suárez Villaverde contra as demandadas Autos 33, S.A., APV Motor, S.A., Sanrent, S.L., Millarent, S.L. e Fogasa, se ditou a presente resolución:

Resolvo.

Considerar a parte demandante por desistida da acción de resolución contractual.

Que debo estimar e estimo parcialmente a acción de reclamación de cantidade exercida por Jesús Plácido Suárez Villaverde fronte a Autos 33, S.A., APV Motor, S.A., Sanrent, S.L., Millarent, S.L. e, en consecuencia, condeno solidariamente a APV Motor S.A., Sanrent, S.L. e Millarent, S.L. a aboar a Jesús Plácido Suárez Villaverde 9.057,48 euros que se corresponden coas mensualidades de agosto de 2012 ata o 15 de febreiro de 2013, inclusive, pagas extras do ano 2012 e parte proporcional das pagas extras do ano 2013 e vacacións do ano 2013. Este importe incrementarase cos xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

Desestimo a demanda fronte a Autos 33, S.L. e absolvo a dita entidade dos pronunciamentos de condena contidos na demanda.

Non procede condenar nesta instancia a Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza.

E, para que sirva de notificación en legal forma ás codemandadas Autos 33, S.A., APV Motor, S.A., Sanrent, S.L. e Millarent, S.L. por encontrarse en ignorado paradoiro, insírese o presente edicto no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2013

A secretaria xudicial