Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Luns, 19 de agosto de 2013 Páx. 33346

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 1 de agosto de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica requirimento de documentación (expediente IN 329 A 2013/95).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á empresa Aplistone, S.L. con último enderezo coñecido en rúa Brixeira, s/n, 15310 Curtis, A Coruña, o requirimento que a continuación se transcribe relativo ao plan de labores da autorización de explotación da sección A), Monte Miraz, nº 2 (nº de expediente IN 329 A 2013/95), xa que, intentada a notificación polos medios legalmente establecidos, non se puido efectuar.

«Requirimento

Logo de examinar a solicitude presentada por vostede con data de entrada do 28 de febreiro de 2013 e número de rexistro 20131500001882, así como a documentación complementaria que se achega, relativas ao procedemento de referencia, e analizadas polo persoal técnico deste servizo, obsérvase o seguinte:

– Non se presenta a actualización do documento de seguridade e saúde correspondente ao ano 2012 cos seus respectivos informes (certificado de vixilancia de saúde e formación dos traballadores, informe das mostras de po, achegando as fichas de resultados do organismo autorizado, segundo a Orde ITC/2585/2007, informe de mostra anual de ruído, certificados de recolla de residuos industriais polo xestor autorizado e documentación de adaptación da maquinaria ao Real decreto 1215/1997).

– Achegarase copia do certificado de contratación de servizo de prevención co período de vixencia actualizado e coa planificación das correspondentes medicións de po e ruído que se realizarán durante o ano 2013.

Requírese para que no prazo de 10 días achegue a documentación preceptiva, de acordo co disposto no artigo 76 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se regula o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), coa indicación que, de non facelo de forma correcta e completa, se poderá ditar resolución denegatoria da aprobación do plan de labores.

Así mesmo, en aplicación do artigo 42.5.a) da xa citada Lei 30/1992, indícaselle que o transcurso do prazo máximo legal para resolver o procedemento e notificar a resolución queda suspendido polo tempo que medie entre a notificación deste requirimento e o seu efectivo cumprimento ou, na súa falta, polo transcurso do prazo de dez días concedido. Neste último caso, esta xefatura territorial ditará resolución denegatoria de aprobación do plan de labores nos termos establecidos no artigo 42 do citado texto legal e sen prexuízo do establecido no seu artigo 76.3».

Lugo, 1 de agosto de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo