Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Luns, 19 de agosto de 2013 Páx. 33345

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 30 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución pola que se remata o expediente de solicitude de concesión de explotación derivada do permiso de investigación Pé da Múa número 3058.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle a Granitos S. José, S.L., con último enderezo coñecido na rúa Príncipe, nº 43, 3º C, 36202 Vigo, Pontevedra, a resolución pola que se remata o expediente da solicitude de concesión de explotación derivada do permiso de investigación Pé da Múa nº 3058 como titular del, xa que, intentada polos medios legalmente establecidos, non se puido efectuar.

Contra a citada resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou ben recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co establecido no artigo 116.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que coiden procedente.

Pontevedra, 30 de xullo de 2013

P.A. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial