Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Luns, 19 de agosto de 2013 Páx. 33343

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2013/26-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se describen:

Solicitante: Universidade de Santiago.

Domicilio social: Praza do Obradoiro, s/n, 15701 Santiago de Compostela.

Denominación: CS, LMT e CT de 400 kVA.

Situación: museo Luis Iglesias, parque Vista Alegre. Santiago de Compostela.

Características técnicas: CS en caseta prefabricada, con 3 interrutores-seccionadores de 24 kV, 400 A, alimentado da LMT LA SCY810V entre o SC SGAE (15CCTN) e o CT Maristas (15CD16). LMT soterrada de 59 m de lonxitude, en cable RHZ1 1×95 AL. CT con transformador de 400 kVA, 20/0,42 kV en resina. Aparellaxe de manobra, protección e medida en cabinas prefabricadas.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta publicación; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

A Coruña, 16 de xullo de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña