Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 14 de agosto de 2013 Páx. 33201

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1328/2011).

O/A secretario/a xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña fai saber que no procedemento ordinario 1328/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Campos Bello, Juan Carlos Freire Arestin, Guillermo Sánchez Cons, Eduardo Urbano Lorenzo contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., Fondo de Garantía Salarial sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte sentenza:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Manuel Campos Bello, Juan Carlos Freire Arestin, Guillermo Sánchez Cons, Eduardo Urbano Lorenzo, contra Esabe Vigilancia S.A., e en consecuencia, debo condenar e condeno a Esabe Vigilancia S.A., a que lles aboe aos demandantes as cantidades que a seguir se citan, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais:

A José Manuel Campos Bello, a cantidade de 1.596,86 € brutos, por diferenzas de salarios e axudas de custo, entre xaneiro e outubro de 2011, así como horas extras entre febreiro e outubro de 2011.

A Juan Carlos Freire Arestin, a cantidade de 768,89 € brutos, por diferenzas de salarios, e nocturno-festivos, entre xaneiro e outubro de 2011, así como horas extras entre xullo e outubro de 2011.

A Guillermo Sánchez Cons, a cantidade de 1.143,13 € brutos, por diferenzas de salarios, pagas de beneficios e xullo, nocturno-festivos, entre xaneiro e outubro de 2011, así como horas extras entre xullo e outubro de 2011.

A Eduardo Urbano Lorenzo, a cantidade de 1.734,96 € brutos, por diferenzas de salarios, e nocturno-festivos, entre xaneiro e outubro de 2011, así como horas extras entre marzo e xullo de 2011.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpoñer ningún recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas. Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Para que sirva de notificación á empresa Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 23 de xullo de 2013

O/A secretario/a xudicial