Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 14 de agosto de 2013 Páx. 33200

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (186/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 186/2011 por instancia da Inspección de Traballo e Seguridade Social contra a empresa Pimiamite, S.L., Silvana Novais de Jesús, Mihai e Cleidilene Sardinha Lisboa e María José Villasuso Villaverde, Andrea Alves Sousa Oliveira e Kates Ashla sobre procedemento de oficio, nos cales recaeu sentenza o 8.11.2013 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido estímase a demanda de oficio formulada pola Inspección de Traballo e Seguridade Social fronte á empresa Pimiamite, S.L. e, en consecuencia:

– Declárase que a relación existente entre Pimiamite, S.L. e Silvana Novais de Jesús, Mioara Mihai, Cleidilene Sardinha Lisboa, María José Villasuso Villaverde, Andrea Alves Sousa Oliveira e Kates Ashla ten carácter laboral.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recurrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o deposito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado e fará constar no ingreso o numero de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Mioara Mihai y Kates Ashila expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 23 de xullo de 2013

O secretario xudicial