Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 14 de agosto de 2013 Páx. 33203

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (288/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 288/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Leis Rey, Ramón Amarelle Mato, Martín Cambero Jiménez, Iván Fernández Domínguez, Manuel Jesús Fraga Iglesias, Santiago Gesto Traba, José Manuel López Calvete, José Antonio Rega Paz e José Luis Verdía Calvo contra o Fondo de Garantía Salarial, Consultora de Anclajes y Sondeos Especiales, S.L. e Tracim, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse sentenza cuxo ditame di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Antonio Rega Paz, José Manuel López Calvete, Santiago Gesto Traba, José Manuel Leis Rey, José Luis Verdía Calvo, Ramón Amarelle Mato, Martín Cambero Jiménez, Manuel Jesús Fraga Iglesias e Iván Fernández Domínguez, contra Consultora de Anclajes y Sondeos Especiales, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Consultora de Anclajes y Sondeos Especiales, S.L. a que aboe aos demandantes as cantidades que a continuación se explicitan:

– A José Antonio Rega Paz, a cantidade de 5.884,36 euros brutos por salarios devindicados en xullo, outubro (25 días) e paga extra de Nadal de 2011, incrementada no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais, e 20.087,43 euros como 60 % da indemnización por despedimento obxectivo.

– A José Manuel López Calvete, a cantidade de 1.784,91 euros brutos por salarios devindicados en xullo, outubro (25 días) e paga extra de Nadal de 2011, incrementada no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais, e 12.786,17 euros como 60 % da indemnización por despedimento obxectivo.

– A Santiago Gesto Traba, a cantidade de 2.586,06 euros brutos por salarios devindicados en xullo, setembro, (7 días) e paga extra de Nadal de 2011, incrementada no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais, e 13.690,06 euros como 60 % da indemnización por despedimento obxectivo.

– A José Manuel Leis Rey, a cantidade de 2.956,47 euros brutos por salarios devindicados en xullo, setembro (7 días) e paga extra de Nadal de 2011, incrementada no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais, e 13.324,99 euros como 60 % da indemnización por despedimento obxectivo.

– A José Luis Verdía Calvo, a cantidade de 4.425,67 euros brutos por salarios devindicados en xullo, outubro (25 días) e paga extra de Nadal de 2011, incrementada no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais, e 15.091,63 euros como 60 % da indemnización por despedimento obxectivo.

– A Ramón Amarelle Mato, a cantidade de 2.768,2 euros brutos por salarios devindicados en xullo, setembro (7 días) e paga extra de Nadal de 2011, incrementada no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais, e 14.990,62 euros como 60 % da indemnización por despedimento obxectivo.

– A Martín Cambero Jiménez, a cantidade de 3.685,59 euros brutos por salarios devindicados en xullo, setembro, (7 días) e paga extra de Nadal de 2011, incrementada no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais, e 14.990,62 euros como 60 % da indemnización por despedimento obxectivo.

– A Manuel Jesús Fraga Iglesias, a cantidade de 4.366,79 euros brutos por salarios devindicados en xullo, outubro (25 días) e paga extra de Nadal de 2011, incrementada no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais, e 14.887,58 euros como 60 % da indemnización por despedimento obxectivo.

– A Iván Fernández Domínguez, a cantidade de 4.094,28 euros brutos por salarios devindicados en xullo, outubro (25 días) e paga extra de Nadal de 2011 incrementada no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais, e 3.569,34 euros como 60 % da indemnización por despedimento obxectivo.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Antonio Rega Paz, José Manuel López Calvete, Santiago Gesto Traba, José Manuel Leis Rey, José Luis Verdía Calvo, Ramón Amarelle Mato, Martín Cambero Jiménez, Manuel Jesús Fraga Iglesias, e Iván Fernández Domínguez, contra a entidade Tracim, S.L. e a administración concursal de Tracim, S.L., ás cales debo absolver de todo o pedido na súa contra. Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo. Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación ás empresas Consultora de Anclajes y Sondeos Especiales, S.L. e Tracim, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente.

A Coruña, 23 de xullo de 2013

A secretaria xudicial