Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 14 de agosto de 2013 Páx. 33251

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2013 pola que se modifica a Resolución do 18 de xullo de 2013 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de coordinación e apoio ao desenvolvemento de redes de banda larga e medidas facilitadoras e incentivadoras do uso de infraestruturas de telecomunicacións do Plan de banda larga do marco da Axenda Dixital Europea 2020 (expediente 109/2013).

Advertidos determinados erros no prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de coordinación e apoio ao desenvolvemento de redes de banda larga e medidas facilitadoras e incentivadoras do uso de infraestruturas de telecomunicacións, do Plan de banda larga (PDBL) do Marco da Axenda Dixital Europea 2020, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 140, do 24 de xullo de 2013, procédese a súa corrección.

Na cláusula G) da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (valor estimado, orzamento de licitación e aplicación orzamentaria), onde di:

«O valor estimado é de 609.900,00 € (seiscentos nove mil novecentos euros) (prevé as opcións contractuais de modificación que reserva para si a Administración e a susceptibilidade de prórroga máxima, de acordo co previsto no artigo 88 do TRLSCP).»

Debe dicir:

«O valor estimado total da contratación é de 914.850,00 € (novecentos catorce mil oitocentos cincuenta euros), distribuíndose segundo os lotes:

Lote 1: coordinación e apoio sobre iniciativas vinculadas ao despregamento de redes fixas do Plan de banda larga e medidas facilitadoras e incentivadoras da demanda: 401.250,00 € (catrocentos un mil douscentos cincuenta euros).

Lote 2: coordinación e apoio sobre iniciativas vinculadas ao despregamento de redes sen fíos e análise do estado do Plan de banda larga en Galicia: 513.600,00 € (cincocentos trece mil seiscentos euros).

Este valor estimado prevé as opcións contractuais de modificación que reserva para si a Administración e a susceptibilidade de prórroga máxima, de acordo co previsto no artigo 88 do TRLSCP.».

Na cláusula N) da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (solvencia e clasificación), onde di:

Medios de acreditación da solvencia económica e financeira.

De conformidade co disposto no artigo 75.1, letra a) do TRLCSP, acreditarase mediante:

Declaracións axeitadas de entidades financeiras emitidas expresamente para a participación neste procedemento de contratación, ou, se é o caso, xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais. No suposto de presentar o dito seguro, considerarase solvente o licitador que acredite telo subscrito cunha entidade aseguradora por un capital equivalente ao orzamento de licitación.

Medios de acreditación da solvencia técnica.

De conformidade co disposto no artigo 78, letra a) do TRLCSP, acreditarase mediante:

Relación, selada e asinada, dos principais servizos ou traballos realizados nos tres últimos anos que inclúa importe, datas e destinatario, público ou privado, destes servizos. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificacións expedidas ou visadas polo órgano competente cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante unha certificación expedida por este, ou, na falta desta certificación, mediante unha declaración do empresario. Só se terán en conta, para os efectos de acreditar a solvencia, os servizos ou traballos relacionados co obxecto da presente contratación que aparezan relacionados e respecto dos cales se acheguen certificacións ou declaración do empresario a que se fai referencia neste punto. Reputarase solvente o licitador que teña realizado nos tres últimos anos polo menos tres servizos ou traballos, cada un deles de importe igual ou superior ao valor estimado desta contratación e que garden relación co obxecto do contrato.

Debe dicir:

Medios de acreditación da solvencia económica e financeira.

De conformidade co disposto no artigo 75.1, letra a) do TRLCSP, acreditarase mediante:

Declaracións axeitadas de entidades financeiras emitidas expresamente para a participación neste procedemento de contratación, ou, se é o caso, xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais. No suposto de presentar o dito seguro, considerarase solvente o licitador que acredite telo subscrito cunha entidade aseguradora por un capital equivalente ao valor estimado do(s) lote(s) ao(s) que presente a súa oferta.

Medios de acreditación da solvencia técnica.

De conformidade co disposto no artigo 78, letra a) do TRLCSP, acreditarase mediante:

Relación, selada e asinada, dos principais servizos ou traballos realizados nos tres últimos anos que inclúa importe, datas e destinatario, público ou privado, deste servizos. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificacións expedidas ou visadas polo órgano competente cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante unha certificación expedida por este, ou, na falta desta certificación, mediante unha declaración do empresario. Só se terán en conta, para os efectos de acreditar a solvencia, os servizos ou traballos relacionados co obxecto da presente contratación que aparezan relacionados e respecto dos cales se acheguen certificacións ou declaración do empresario a que se fai referencia neste punto. Reputarase solvente o licitador que teña realizado nos tres últimos anos polo menos tres servizos ou traballos, cada un deles de importe igual ou superior ao valor estimado do(s) lote(s) ao(s) que presente a súa oferta e que garden relación co obxecto do contrato.

O prazo de presentación de proposicións amplíase en 15 días, que se contarán desde a publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2013

P.D. (Delegación de sinatura 24.7.2013)
José Luis Somoza Digón
Xerente