De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento a María Jesús García García para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/107/2012, en relación coas obras de construción dunha vivenda unifamiliar que se levan a cabo no lugar de Cerracín, parroquia de Mazoi, no termo municipal de Lugo.
O expediente relacionado atópase á disposición da interesada na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.
A interesada disporá dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes.
Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2013
María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística