De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento a Juan Carlos Lavandeira García para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística IU1/144/2012, en relación con parcelación urbanística, obras de construción de edificacións destinadas a uso residencial e outras obras executadas en solo rústico, que se levaron a cabo no lugar de Osedo, parroquia de Carnoedo, no termo municipal de Sada, provincia da Coruña.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.
O interesado disporá dun prazo de 10 días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que coide pertinentes.
Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2013
María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística