O 5 de marzo de 2012 a empresa Industrias Navales A Xunqueira, S.L. solicita a concesión administrativa para construción e explotación de zona de varada e foso de travelift para reparación de embarcacións no porto de Meira. A dita actuación realizarase reconvertendo a rampla de varada existente no porto nunha explanada con foso para travelift.
As obras realizaranse conforme o proxecto básico para a tramitación da concesión administrativa de ocupación de explanada con destino a explotación dunha zona de reparación de embarcacións e actividades complementarias no porto de Meira, redactado en setembro de 2012 polo enxeñeiro de camiños, canais e portos Rafael Llano de la Concha e pola arquitecta Zaida Llano Vázquez (Norai).
En cumprimento do disposto no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, faise público, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nos servizos centrais de Portos de Galicia, oficinas sitas na praza Europa, 5 A, 6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. O proxecto está á disposición na web portosdegalicia.com
Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2013
José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia