Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 14 de agosto de 2013 Páx. 33255

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boiro

ANUNCIO de licitación do alleamento dunha parcela municipal.

Juan José Dieste Ortigueira, alcalde do Concello de Boiro, en execución do acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local na sesión do 6 de agosto de 2013, por medio deste anuncio efectúa a convocatoria, mediante poxa, para o alleamento dunha parcela do patrimonio municipal do solo (parcela P1 do polígono Espadañal 2), conforme os seguintes datos:

1. Descrición da parcela que se vai allear:

Situación: polígono de solo urbano de baixa densidade Espadañal 2.

Destino ou finalidade: vivenda unifamiliar.

Superficie: 1.028,35 metros cadrados.

Referencia catastral: 9312858NH0291S0001YJ.

2. Procedemento e forma de adxudicación: procedemento aberto, na forma de poxa pública, adxudicándose exclusivamente con base no prezo.

3. Tipo de licitación: cento noventa e tres mil trescentos vinte e nove euros con oitenta céntimos (193.329,80 €), máis o IVE correspondente.

4. Gastos de anuncios por conta do adxudicatario: máximo de 1.500,00 €.

5. Gastos e impostos derivados do contrato: por conta do adxudicatario.

6. Garantías provisional: o 25 % do tipo de licitación, excluído o IVE.

7. Lugar de presentación de ofertas: no Rexistro de Entrada do concello, de luns a venres, das 9.00 ás 13.30 horas, e sábados das 9.00 ás 13.00 horas.

8. Prazo de presentación de ofertas: o prazo de presentación será de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ao da derradeira publicación, ben nun xornal de difusión na comarca, no BOP ou no DOG.

9. Lugar para obtención dos pregos e máis información: Secretaría Xeral do Concello, das 9.00 ás 13.00 horas, e no perfil do contratante (www.boiro.org).

Boiro, 8 de agosto de 2013

Juan José Dieste Ortigueira
Alcalde