Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 14 de agosto de 2013 Páx. 33257

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Carballiño

ANUNCIO para a contratación do servizo de axuda a domicilio.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Concello do Carballiño.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Concello do Carballiño.

2) Domicilio: praza Maior, 1.

3) Localidade e código postal: O Carballiño, 32500.

4) Teléfono: 988 53 00 07.

5) Telefax: 988 53 00 08.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato suxeito a procedemento aberto.

b) Descrición: contrato de servizos para a realización dos traballos de axuda a domicilio no concello do Carballiño.

c) Prazo de execución/entrega: 1 ano prorrogable 1 ano.

d) Tramitación: ordinaria.

e) Procedemento: aberto.

3. Orzamento base de licitación:

a) Importe: importe: 13 €/hora máis 0,52 €/hora de IVE, dando un total de 13,52 €/hora, sen que poida exceder o importe total do contrato o primeiro exercicio de 227.960,72 €.

4. Garantías eximidas: definitiva (%): 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

5. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica, por cualquera dos medios previstos no artigo 75 do TRLCSP.

b) Solvencia técnica ou profesional, acreditarase a través dos principais traballos realizados nos tres últimos anos.

6. Presentación de ofertas:

a) Prazo de presentación: 15 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP, no DOG ou no perfil do contratante do Concello do Carballiño.

b) Lugar de presentación:

Dependencia: Rexistro Xeral de Entrada de documentación do Concello do Carballiño ou por calquera dos medios que se establecen no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

c) Admisión de variantes: admítense melloras ofertadas polo contratista.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a oferta: 2 meses.

7. Apertura de ofertas: Concello do Carballiño.

a) Data e hora: o terceiro día hábil a aquel en que remate o prazo sinalado para a presentación de proposicións ás 10.00 horas.

8. Gastos de publicidade: a cargo do adxudicatario.

O Carballiño, 24 de xullo de 2013

Argimiro Marnotes Fernández
Alcalde