Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 12 de agosto de 2013 Páx. 32663

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 977/2011 MRA).

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 977/2011 MRA.

Xulgado de orixe/autos: demanda 340/2010 Xulgado do Social número 1 de Vigo.

Recorrente/s: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

Avogado/a: María Xosé Martínez-Fariza Conde.

Recorrido/s: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Servizo Galego de Saúde, Adhesivos Industriais Dourdin, S.A., Ángeles Fernández Barciela.

Avogado/a: letrado Seguridade Social, Henrique Landesa Martínez.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 977/2011 desta sección, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes contra a empresa Adhesivos Industriales Dourdin, S.A., INSS, TXSS, Servizo Galego de Saúde, Ángeles Fernández Barciela sobre accidente, foi ditada a seguinte resolución:

«Decidimos:

Desestimar o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo do 16.7.2010, en proceso sobre determinación de continxencia, promovido pola recorrente contra o INSS, TXSS, Servizo Galego de Saúde, Ángeles Fernández Barciela e Adhesivos Industriales Dourdin, S.A., e confirmamos a sentenza da instancia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta sala do social do TSX de Galicia.

Modo de impugnación. Faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer na conta de consignacións desta sala aberta no Banesto co nº 1552, indicando no campo do concepto “Recurso” seguido do código “35 Social Casación”. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o código “35 Social Casación”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos de su aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza.

Advírtese á parte en ignorado paradoiro que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións nas dependencias do xulgado, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral».

E para que así conste, para efectos de su publicación no DOG a fin de que sirva de notificación en forma a Adhesivos Industriales Dourdin, S.A., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en nas dependencias do xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 23 de xullo de 2013

A secretaria xudicial