Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 12 de agosto de 2013 Páx. 32661

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (613/2011).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 613/2011 IP.

Xulgado de orixe/autos: demanda 801/2010 Xulgado do Social número 3 de Ourense.

Recorrente: Manuel Fernando de Sousa Pinto Vilela.

Avogado: Antonio Valencia Fidalgo.

Recorridos: Fogasa, Allianz, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Movex Vial, S.L. (Ahora Civis Global, S.L.), Gagopiedra, S.L., Xestión Alquileres Construción Xealco, S.L.

Avogados: (…), José Luis Brea Sanmartin, Alberto Fresco González, (…).

Procuradores: (…), Xulio Xabier López Valcárcel, Carmen Belo González, (…).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 613/2011 desta sección, seguido por instancia de Manuel Fernando de Sousa Pinto Vilela contra a empresa Fogasa, Allianz, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Movex Vial, S.L. (agora Civis Global, S.L.), Gagopiedra, S.L., Xestión Alquileres Construción Xealco, S.L., sobre outros dereitos de Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución:

Ditaminamos:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto por Manuel Fernando de Sousa Pinto Vilela contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 de Ourense, de data 3 de decembro de 2010, debemos confirmar integramente a resolución impugnada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 220 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 35 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación a Gagopiedra, S.L., con último domicilio coñecido na r/ Polvorín, 2, Culleredo, A Coruña.

A Coruña, 18 de xullo de 2013

A secretaria xudicial