Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 12 de agosto de 2013 Páx. 32660

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2013 pola que se convoca un proceso selectivo para a contratación dun técnico especialista de calidade ambiental e histoloxía e dun técnico especialista de actividades no medio mariño.

En exercicio das competencias atribuídas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, a Reitoría da Universidade de Vigo convoca un proceso selectivo para a contratación de:

– Un técnico especialista de calidade ambiental e histoloxía.

– Un técnico especialista de actividades no medio mariño.

A información completa pode consultarse no seguinte enderezo electrónico:

http://persoal.uvigo.es/persoal_gl/PAS/emprego/xerais/index.html, así como nos taboleiros de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade (Edificio da Xerencia, Campus das Lagoas-Marcosende, Vigo) e dos rexistros auxiliares dos campus de Ourense (Edificio Administrativo, Campus Universitario As Lagoas), Pontevedra (Escola de Enxeñaría Forestal, Campus Universitario A Xunqueira) e Vigo (Escola de Enxeñaría Industrial, r/ Torrecedeira, 86). Poden obter información e aclarar dúbidas a través do teléfono 986 81 37 62 (Negociado de Selección e Provisión, Servizo de Persoal de Administración e Servizos) ou do correo electrónico consultapas@uvigo.es

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 10 de setembro de 2013.

Vigo, 31 de xullo de 2013

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo