Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 7 de agosto de 2013 Páx. 32020

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rodeiro

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan de sectorización do solo urbanizable non delimitado de carácter industrial (S.UR.ND.I-1).

Por medio deste anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, faise público que o Pleno do Concello de Rodeiro, na sesión que tivo lugar o día 1 de xullo de 2013, aprobou definitivamente o documento do Plan de sectorización do solo urbanizable non delimitado de carácter industrial (S.UR.ND.I-1), promovido pola sociedade Conejos Gallegos Cogal, S. Coop. Galega, con CIF núm. F-36030518 e con domicilio social en Álceme.

Con data do 31 de xullo de 2013 remitiuse á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que integran o plan sobre os que recaeu o acordo de aprobación definitiva, debidamente dilixenciados polo secretario do concello.

O plan de sectorización definitivamente aprobado non entrará en vigor ata a publicación íntegra da normativa e ordenanzas no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, segundo dispón o artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e transcorrido o prazo de quince días sinalado no artigo 65.2 da citada lei.

Contra o acordo de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, pódese interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Todo isto sen prexuízo de calquera outro recurso ou acción que se consideren oportunos.

Rodeiro, 1 de agosto de 2013

Luis López Diéguez
Alcalde