Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 7 de agosto de 2013 Páx. 32021

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO de información pública relativo a unha instalación temporal de formigón en Betote.

Álvaro Díaz, S.L.U., solicitou desta Alcaldía licenza municipal para instalación temporal de planta de formigón para execución de estación de servizo, en Betote, San Vicenzo-estrada LU-546-polígono 18, parcela 529, deste concello, e en cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública polo termo de vinte días hábiles, co obxecto de que durante o mesmo prazo poida examinarse o expediente, na secretaría deste concello, e se poidan formular as alegacións que se consideren oportunas.

Sarria, 28 de xuño de 2013

José Antonio García López
Alcalde