Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 7 de agosto de 2013 Páx. 32022

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Val do Dubra

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza para instalación de taller de lavado manual de vehículos.

Jorge Antelo Viña solicita desta Alcaldía licenza municipal para instalación de taller de lavado manual de vehículos e servizos ao automóbil, en Campo de Rial, nº 44, Rial. Cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de 20 días hábiles, co fin de que durante este prazo –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG–, poidan examinar o expediente na secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Val do Dubra, 3 de xullo de 2013

Ramón Camilo Varela Mariño
Alcalde