Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 7 de agosto de 2013 Páx. 32019

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de información pública relativo a un establecemento de montaxe de estruturas metálicas (expediente AM/04/13).

Talleres Dizmar, S.L., solicitou da Alcaldía licenza municipal de acondicionamento e actividade para a apertura dun establecemento dedicado a montaxe de estruturas metálicas, que se situará no polígono industrial da Granxa, parcelas 55.03 e 55.04, desta localidade, en cumprimento do disposto no artigo 8.3º, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este prazo –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra– poidan examinar o expediente AM/04/13, na sección de urbanismo deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

O Porriño, 19 de xuño de 2013

José Nelson Santos Argibay
Alcalde