Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 7 de agosto de 2013 Páx. 32018

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pastoriza

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza municipal para silos forraxeiros.

Iván Fontela Vidal, Ganadería Corona Mourelle, S.C. solicitou desta Alcaldía licenza municipal para silos forraxeiros que se situará en Mourelle, Bretoña. Cumprindo o disposto no parágrafo 3, do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación do presente edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e poidan formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

A Pastoriza, 30 de xullo de 2013

Primitivo Iglesias Sierra
Alcalde