Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 7 de agosto de 2013 Páx. 32017

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pastoriza

ANUNCIO de información pública para construción dunha fosa de xurro e esterqueira.

Raúl Rodríguez García, SAT PRUIDA XUGA 989, solicitou desta Alcaldía unha licenza municipal para a construción dunha fosa de xurro e unha esterqueira que se situará no Lousadal, Alvare. Cumprindo o disposto no parágrafo 3, do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se estimen oportunas.

A Pastoriza, 30 de xullo de 2013

Primitivo Iglesias Sierra
Alcalde