Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 7 de agosto de 2013 Páx. 32016

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pastoriza

ANUNCIO de información pública para construción dunha fosa de xurro.

Miguel Ángel Rico Rodríguez, SAT RICO N1051 XUGA solicitou desta Alcaldía licenza municipal para construción dunha fosa de xurro que se situará no Lousadal (Alvare). Cumprindo o disposto no parágrafo 3, do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que, durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

A Pastoriza, 30 de xullo de 2013

Primitivo Iglesias Sierra
Alcalde