Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 7 de agosto de 2013 Páx. 32015

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pastoriza

ANUNCIO de información pública para corte de vacas e fosa de xurro en gandaría de vacún de leite existente.

María Antonia Iglesia López solicitou desta Alcaldía licenza municipal para corte de vacas e fosa de xurro en gandaría de vacún de leite existente que se situará en Adromar (Regueira). Cumprindo o disposto no parágrafo 3, do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente na Secretaría deste concello as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se estimen oportunas.

A Pastoriza, 30 de xullo de 2013

Primitivo Iglesias Sierra
Alcalde