Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 7 de agosto de 2013 Páx. 32014

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Paderne

ANUNCIO de información pública relativo a unha adega de viño en Chedas, O Barreiro-Velouzás.

A empresa Bodegas Viña Ártabra, S.C. solicitou licenza municipal para proceder ao traslado e implantación de actividade de adega de viño que se situará en Chedas,O Barreiro, parroquia de Velouzás.

Cumprindo co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño de 2008, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, que establece: «O expediente será sometido polo concello ao trámite de información pública por un período de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia correspondente e exposición no taboleiro de anuncios do concello. A apertura do trámite de información pública notificarase persoalmente aos veciños e titulares de dereitos inmediatos ao lugar de localización proposta, para os efectos de que poidan alegar o que consideren oportuno».

Paderne, 27 de xuño de 2013

César Longo Queijo
Alcalde presidente