Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 7 de agosto de 2013 Páx. 32011

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO da contratación do servizo de xestión do centro de visitantes do parque de Montealegre.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Obtención da documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: praza do Trigo, nº 2-3º.

3) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4) Teléfono: 988 26 93 33.

5) Fax: 988 22 14 94.

6) Correo electrónico: contratacion@ourense.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

d) Número de expediente: ref. 2264.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de xestión do centro de visitantes do parque de Montealegre.

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Ourense.

d) Prazo de execución/entrega: 1 ano.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 79993100-2.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación:

Oferta económica: 90 puntos.

Programa de prestación do servizo:

– Servizo de información e sensibilidade ambiental e actividades que se van realizar: ata 4 puntos.

– Medios materiais que se adscriban a este contrato: ata 2 puntos.

– Persoal que se adscribirá á execución deste contrato: ata 2 puntos.

– Servizo de control de acceso e rexistro de incidencias: ata 2 puntos.

4. Orzamento base de licitación.

a) Valor estimado do contrato: 47.300,00 euros (duración total do contrato e posibles prórrogas).

b) Importe neto por hora: 11,00 euros. IVE: 2,31 euros. Importe total por hora: 13,31 euros.

5. Garantías exixidas.

a) Definitiva: 1.182,50 euros.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económico-financeira: a que se sinala no artigo 12 do prego de condicións.

b) Solvencia técnica: a que se sinala no artigo 12 de prego de condicións.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no BOP e no DOG.

b) Modalidade de presentación: a que se sinala no artigo 12 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: rexistro xeral.

2. Domicilio: praza Maior, núm. 1.

3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4. Dirección electrónica: rexistroxeral@ourense.es

d) Prazo de vinculación da oferta: 2 meses contados desde a apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Concello de Ourense, praza Maior, núm. 1.

b) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

c) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: o importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Ourense, 29 de xullo de 2013

Agustín Fernández Gallego
Alcalde