Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 7 de agosto de 2013 Páx. 31680

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 15 de xullo de 2013 pola que se outorgan nomeamentos aos rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles para varios rexistros vacantes (Muros e Monforte de Lemos).

O nomeamento de rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles que desempeñen funcións en Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

En cumprimento do establecido no artigo 277 da Lei hipotecaria, e nos artigos 504 e 508 e demais concordantes do regulamento para a súa execución, por medio da Orde do Ministerio de Xustiza XUS/761/2013, do 26 de abril de 2013 (BOE do 7 de maio), constitúese o corpo de aspirantes a rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles.

Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade, mercantís e de bens mobles vacantes nesta comunidade autónoma, e consonte os resultados do concurso entre membros do corpo de aspirantes a rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles, convocado pola Resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 24 de maio de 2013 e resolto pola Resolución do 25 de xuño de 2013, e de conformidade cos artigos 284 da Lei hipotecaria, 513 e demais concordantes do regulamento para a súa execución, e co Decreto da Xunta de Galicia 72/2013, do 25 de abril, e coas demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomear os rexistradores comprendidos na citada resolución e que no anexo se relacionan para prover os rexistros vacantes radicados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2013

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

• Alberto Blanco Pulleiro, aspirante núm. 1 para o Rexistro de Muros.

• María Fernández Cora, aspirante núm. 25 para o Rexistro de Monforte de Lemos.