Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 7 de agosto de 2013 Páx. 31682

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 15 de xullo de 2013 pola que se outorgan nomeamentos aos rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles para os rexistros vacantes que se citan (A Coruña e Betanzos).

O nomeamento de rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles que desempeñen funcións en Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade, mercantís e de bens mobles vacantes, en virtude de concurso ordinario número 288 convocado pola Resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 14 de maio de 2013 (BOE do 24 de maio) e resolto pola Resolución do 28 de xuño de 2013, e de conformidade cos artigos 284 da Lei hipotecaria, 496 e demais concordantes do Regulamento para a súa execución, e co Decreto da Xunta de Galicia 72/2013, do 25 de abril, e coas demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomear os rexistradores comprendidos na citada resolución e que no anexo se relacionan para prover os rexistros vacantes radicados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2013

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

• Hermes Rego Valcarce, rexistrador de Carballo para o Rexistro da Coruña número 2.

• Jesús Fernández Brea, rexistrador de Ferrol para o Rexistro de Betanzos.