Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 7 de agosto de 2013 Páx. 31987

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2013, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se recoñece a escola Arousa Náutica Navegación, S.L. como escola de navegación de lecer (ENAL básica práctica).

Antecedentes.

A escola Arousa Náutica Navegación, S.L. solicitou o recoñecemento como escola de navegación de lecer (ENAL básica práctica).

Consideracións legais e técnicas.

1. Orde do 31 de xullo de 1998 pola que se regulamenta a normativa para o recoñecemento das escolas de navegación de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 164, do 25 de agosto).

2. A Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro analizou a documentación e realizou as correspondentes inspeccións.

A Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro é a competente para resolver o expediente.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVE:

Recoñecer a escola Arousa Náutica Navegación, S.L. como escola de navegación de lecer (ENAL básica práctica), e, segundo o artigo 7 da citada orde, terá a consideración de centro colaborador da Administración nos temas que lle son propios.

Así mesmo, procedese á inscrición no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer desta Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro de:

Arousa Náutica Navegación, S.L., con sede das instalacións en rúa Noro, número 4, 2º B, 15960 Ribeira, A Coruña, e inscrita co número XGEN045.

A inscrición no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer ten como finalidade a anotación, seguimento, control e inspección da escola recoñecida. Terá unha vixencia de cinco (5) anos, que se contarán a partir do día seguinte á publicación no DOG da presente resolución. Transcorrido ese prazo deberán solicitar a súa renovación.

A escola inscrita está obrigada a comunicarlle ao rexistro calquera cambio que modifique as condicións en que foi recoñecida, así como a substitución do instrutor ou o cambio da embarcación de prácticas.

Así mesmo, a escola poderá perder o seu recoñecemento e ser anulada a súa inscrición no rexistro, por non renovaren o recoñecemento, por incumprimento das súas obrigas ou por cesamento da actividade por máis de tres anos. A resolución será publicada no DOG.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2013

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro