Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 7 de agosto de 2013 Páx. 31989

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2013 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de servizo suxeito a regulación harmonizada para o asesoramento e colaboración con Augas de Galicia na xestión do canon da auga e do coeficiente de vertedura, así como do canon de saneamento, de forma transitoria, ata a súa total extinción.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Número de expediente: OH.988.325.SV

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo de servizo.

b) Descrición: asesoramento e colaboración con Augas de Galicia na xestión do canon da auga e do coeficiente de vertedura, así como do canon de saneamento, de forma transitoria, ata a súa total extinción.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 79411000-8.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, DOG e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea núm. S149, do 4 de agosto de 2012; Diario Oficial de Galicia núm.149, do 6 de agosto, e Boletín Oficial del Estado núm. 193, de 13 de agosto, así como a corrección no Diario Oficial de la Unión Europea núm. S150, do 7 de agosto.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 1.685.622,14 euros. Inclúe os orzamentos de licitación e das eventuais prórrogas.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 842.811,07 euros. Importe total: 994.517,06 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 26 de xuño de 2013.

b) Data de formalización do contrato: 22 de xullo de 2013.

c) Contratista: Adantia, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 720.600 euros. Importe total: 871.926 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos que se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia á dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

7. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 135 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2013

P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia