Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 7 de agosto de 2013 Páx. 31992

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2013 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con varios criterios de valoración e trámite ordinario da licitación, para a adxudicación do contrato administrativo de servizo, suxeito a regulación harmonizada, para as actuacións de conservación, mantemento e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa no ámbito territorial da zona de Galicia-Sur e as súas zonas de acceso e protección 2013-2015 (clave OH.488.340.SV), cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Augas de Galicia.

2) Enderezo: Doutor Maceira, nº 18, baixo.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15706.

4) Teléfono: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.

5) Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.

6) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e da páxina web:

http://www.augasdegalicia.xunta.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: OH.488.340.SV.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizo.

b) Descrición: actuacións de conservación, mantemento e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa no ámbito territorial da zona de Galicia-Sur e as súas zonas de acceso e protección 2013-2015.

c) Lugar de execución: zona Galicia-Sur da Demarcación hidrográfica de Galicia Costa.

d) Prazo de execución: vinte e catro (24) meses.

e) Admisión de prórroga: si, posibilidade de prórroga contractual ata un máximo de vinte e catro (24) meses.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 90000000-7 e 45246200-5.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria da licitación.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: a pluralidade dos criterios de valoración enuméranse e detállanse coas súas puntuacións e ponderacións no prego de cláusulas administrativas particulares e no perfil do contratante.

4. Valor estimado do contrato: 1.556.171,56 euros. Inclúe os orzamentos de licitación e das eventuais prórrogas.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 778.085,78 euros. Importe total: 941.483,79 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisoria: non se exixe. Definitiva (%): 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: (grupo, subgrupo e categoría): grupo O, subgrupo 6, categoría C.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, de ser o caso: para as empresas non españolas de Estados membros da Unión Europea non clasificadas en España, de acordo co establecido nos artigos 66.1 e 59.4 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, deberán acreditar a solvencia nos termos que se expresan na cláusula 6.1.4 do prego de cláusulas administrativas particulares en relación co punto 6.2 do cadro de características do contrato.

c) Outros requisitos específicos: o licitador deberá manifestar, mediante declaración responsable asinada, o compromiso de adscribir á execución do contrato os medios que se relacionan coas súas condicións e requisitos no anexo ao cadro de características do contrato.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 1 de outubro de 2013.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares. As proposicións axustaranse estritamente aos modelos que se inclúen no citado prego.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Augas de Galicia, no seu rexistro e nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres e das 9.00 ás 14.00 horas).

2. Enderezo: Doutor Maceira, nº 18, baixo.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15706.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses, desde a apertura en acto público, segundo se indica no punto seguinte, das ofertas contidas no sobre C.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: a apertura, comprobación e valoración separada do sobre A relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar, do sobre B cos elementos da oferta non valorables de forma automática e do sobre C cos da oferta que admiten unha valoración mediante a aplicación de fórmulas, realizarase conforme o disposto no prego administrativo e na normativa de contratos do sector público.

b) Enderezo: Augas de Galicia na rúa Doutor Maceira, nº 18, baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15706.

d) Data e hora: as aperturas en acto público do sobre B terá lugar o 14 de outubro de 2013 ás 9.00 horas e do sobre C na data e hora que se lles notificará aos licitadores, por fax ou calquera outro medio admitido, e publicarase no perfil do contratante con dous días hábiles de antelación á súa realización.

10. Gastos de publicidade: por conta do licitador seleccionado para ser adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 1 de agosto de 2013.

12. Outras informacións:

a) Esta actuación cofinanciarase pola Unión Europea, no período de 2013 a 2015, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3: Medio Ambiente, Contorno Natural, Recursos Hídricos e Prevención de Riscos, tema prioritario ou medida 53: prevención de riscos (incluídas a elaboración e aplicación de plans e medidas para prever e xestionar os riscos naturais e tecnolóxicos), Actuación 3.53.3: recuperación, limpeza e drenaxe de canles. Unha maneira de facer Europa.

b) Melloras e modificacións previstas: admítense melloras e prevense no contrato a posibilidade da súa eventual modificación á baixa nos termos expresados no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) As ofertas tamén poderán presentarse por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso, o licitador deberá anunciar ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de Correos, mediante telegrama ou fax, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.

d) Idioma: galego, castelán ou nos idiomas da Unión Europea, acompañado de tradución oficial.

e) Forma xurídica de agrupación de empresas, se é o caso: unión de empresarios.

f) Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo a comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

g) Apertura e valoración das ofertas dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizaranse con anterioridade á apertura e valoración do contido do sobre C. No caso de que os actos públicos de apertura das ofertas se modifiquen, notificarase esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil do contratante.

h) Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A, B e C, así como da adxudicación e formalización do contrato, faranse públicas no perfil do contratante.

i) Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2013

P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia