Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 7 de agosto de 2013 Páx. 31969

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 23 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador E.S. 78/13, seguido contra Instalaciones y Mejoras del Gas, S.L.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse nas dependencias da Xefatura Territorial de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (reclamacións), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento.

A Coruña, 23 de xullo de 2013

Por ausencia (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009; DOG nº 117, do 17 de xuño)
Juan I. Lizaur Otero
Xefe do Servizo de Enerxía e Minas

ANEXO

Interesada: Instalaciones y Mejoras del Gas, S.L.

Acto notificado: proposta de resolución de expediente sancionador.

Infracción: artigo 31.2.i) da Lei 21/1992, do 16 de novembro, de industria, e artigo 33.3.j) da Lei 9/2004, do 10 de agosto, de seguridade industrial de Galicia.