Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 7 de agosto de 2013 Páx. 31968

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 19 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se comunica o acordo de inicio do expediente de paralización de aparello elevador, seguido contra a empresa Urban Alkira, S.L. (expediente SAI Ae 2012/10 15/24333).

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido e non sendo posible a súa práctica, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse nas dependencias da Xefatura Territorial de Economía e Industria na Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento.

A Coruña, 19 de xullo de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesado: Urban Alkira, S.L.

CIF: B70275227.

Acto notificado: acordo de inicio de expediente de paralización de aparello elevador.

Infracción: artigo 11.4.b) do Real decreto 1314/1997, do 1 de agosto, polo que se ditan as disposicións de aplicación da Directiva do Parlamento Europeo e do Consello 95/16/CE, sobre ascensores.