Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 6 de agosto de 2013 Páx. 31535

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 843/13).

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 843/2013-MFV.

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 524/2012 Xdo. do Social número 3 de Pontevedra.

Recorrente: María del Carmen Fernández Rey.

Avogado: José Ignacio Lorenzo Rubín.

Recorrido/s: Elisa Meira Lameiro, Eugenio Moure Meira.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber:

Que no procedemento recurso de suplicación 843/2013 desta sección, seguido por instancia de María del Carmen Fernández Rey contra a empresa Elisa Meira Lameiro, Eugenio Moure Meira sobre despedimento disciplinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Desestimamos o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de María del Carmen Fernández Rey contra a sentenza do 30.10.2012, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, en proceso sobre despedimento e cantidade, promovido pola recorrente contra Eugenio Moure Neira e Elisa Meira Lameiro, e confirmamos a sentenza impugnada».

Advírtese á parte que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións nas dependencias do xulgado, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co establecido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Eugenio Moure Meira e Elisa Meira Lameiro, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias do xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 17 de xullo de 2013

A secretaria xudicial