Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 6 de agosto de 2013 Páx. 31536

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (329/2011).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 329/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Crespo Fernández contra a empresa Suministros Industriales Prieto Puga, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva di o seguinte:

«Parte dispositiva.

Acordo:

– Ter por desistido a José Crespo Fernández da súa demanda fronte a Suministros Industriales Prieto Puga, S.L. e o Fogasa.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

Notifíqueselles ás partes,

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta de Banesto, e deberá indicar no campo concepto «recurso», seguido do código «31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación «recurso», seguida do «31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial»

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación a Suministros Industriales Prieto Puga, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 16 de xullo de 2013

A secretaria xudicial