Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 6 de agosto de 2013 Páx. 31533

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 81/2011-RJ).

Tipo e nº de recurso:recurso suplicación 81/2011.

Xulgado de orixe/autos: demanda 763/2010 Xdo. do Social número 1 de Vigo.

Recorrente: Verónica Rodríguez Rozas.

Avogada: María Isabel Pérez Alonso.

Recorrido: Verde Moscoso, S.L.

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira desta sala do social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber:

Que no procedemento recurso suplicación 81/2011 desta sección, seguido por instancia de Verónica Rodríguez Rozas contra a empresa Verde Moscoso, S.L., sobre reclamación de cantidade, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de Verónica Rodríguez Rozas contra a sentenza do 30 de setembro do ano 2010, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo, en proceso sobre reclamación de cantidade, promovido polo recorrente contra a empresa Verde Moscoso, S.L., debemos confirmar e confirmamos a sentenza impugnada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Verde Moscoso, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de xullo de 2013

A secretaria xudicial