Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 6 de agosto de 2013 Páx. 31531

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (246/2011).

Mª Asunción Barrio Rúa, secretaria xudicial da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 246/2011 desta sección, seguidos por instancia de Mutua Galega de Accidentes de Traballo contra a empresa Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Euronazca, S.L., Ovidio Matalobos Pose, sobre accidente, ditouse resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Que con desestimación do recurso interposto pola Mutua Galega, confirmamos a sentenza que, con data do 27 de outubro de 2010, foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 4 dos de Vigo, e pola que se rexeitou a demanda formulada e se absolveu a Ovidio Matalobos Pose, ao Instituto Nacional da Seguridade Social, á Tesouraría Xeral da Seguridade Social e á empresa Euronazca, S.L.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mándolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Euronazca, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 16 de xullo de 2013

A secretaria xudicial