Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 5 de agosto de 2013 Páx. 31208

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (996/2012).

María Dolores Prieto Rascado, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, polo presente,

Certifico:

Que neste procedemento seguido por instancia de Gremmler Bauchemie GMBH fronte a Pinturas Clenin, S.L. se ditou sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva din así:

Sentenza:

Ourense, 15 de maio de 2013.

Vistos por María José González Movilla, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense e o seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo ordinario número 996/2012, sobre reclamación de cantidade, promovidos por instancia da sociedade alemá Gremler Beuchemie GMBH, representada pola procuradora Sra. Enríquez Martínez, asistida polo letrado Sr. De las Casas Marchante contra a entidade Pinturas Clenin, S.L., en situación de rebeldía neste procedemento. Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Ditamino: que estimando a demanda formulada pola representación da sociedade alemá Gremmler Bauchemie GMBH contra a mercantil Pinturas Clenin, S.L., debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á demandante a suma de corenta e nove mil trescentos corenta e nove euros e oitenta e oito céntimos, máis os xuros legais devindicados polos importes das sucesivas compravendas calculados desde as datas en que deberon ser aboados, e impor expresamente á demandada as custas deste procedemento.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación na forma prevista nos artigos 455 e seguintes da Lei de axuizamento civil.