Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 5 de agosto de 2013 Páx. 31206

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 675/2011).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 675/2011 IP.

Xulgado de orixe/autos: demanda 29/2010 Xulgado do Social número 3 de Pontevedra.

Recorrentes: Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, SB Industrial y Comercial, S.L., José Antonio Castro Maquieira.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 3 de Pontevedra.

Demanda: 29/2010.

Avogado: letrada Sra. Barros Pena.

Procuradora: Sra. Tejelo Nuñez.

Casación en unificación de doutrina: 166/2013 IP.

Parte recorrente: José Antonio Castro Maquieira.

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber:

Dilixencia de ordenacion da secretaria xudicial.

M. Asunción Barrio Calle.

A Coruña, 12 de xullo de 2013

O anterior escrito presentado polo letrado Celestino Barros Pena, en nome e representación de José Antonio Castro Maquieira, únese ao recurso da súa razón. Tense por preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédeselle á parte recorrente o prazo de quince días para interpor o recurso ante esta sala, facéndolle saber que os autos se encontran á súa disposición na oficina xudicial para a súa entrega ou exame se o considera necesario, e que deberá sinalar un domicilio para notificacións na sede do Tribunal Supremo, salvo que xa o tivese designado.

Requírase a recorrente para que achegue no momento de interposición do recurso certificación da/s sentenza/s que invoca con expresión da súa firmeza.

Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso sen prexuízo de que a parte impugnada se poida opor á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo.

Acórdoo e asínoo. Dou fe.

Que no procedemento de recurso de suplicación 675/2011 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social, a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa Tesouraría Xeral da Seguridade Social, SB Industrial y Comercial, S.L., José Antonio Castro Maquieira, sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación a SB Industrial y Comercial, S.L., con último domicilio coñecido na r/ José Trasande, 1, Marín, Pontevedra.

A Coruña, 12 de xullo de 2013

A secretaria xudicial