Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 5 de agosto de 2013 Páx. 31209

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (878/2008).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento demanda 878/2008 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Dolores Balado Sánchez contra a empresa Euromármoles del Atlántico, S.L., Granitos Louro, S.A., Isoman, S.A. e INSS sobre seguridade social, se ditou a seguinte:

«Estimo a acción exercitada por María Dolores Balado Sánchez fronte ao INSS e ás empresas Euromármoles del Atlántico, S.L., Isoman, S.A. e Granitos de Louro, S.A., confirmando a resolución ditada en materia de recarga de prestacións. E desestimo a acción exercitada por Granitos del Louro, S.A. fronte ao INSS, a María Dolores Balado Sánchez e ás empresas Isoman, S.A. e Euromármoles del Atlántico, S.A.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en (Banesto 0030.1846) a nome deste xulgado co nº 1533.0000.36.0878.08, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co nº 1533.0000.60.0878.08, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública no día da data, do que dou fe».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Euromármoles del Atlántico, S.L. e a Granitos Louro, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias deste xulgado, salvo as que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de xullo de 2013

O secretario xudicial