Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 5 de agosto de 2013 Páx. 31229

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por instalacións eléctricas (expediente IN408 A 2005/12).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións do aproveitamento hidroeléctrico de Novo Castrelo, no río Xallas e da liña aero-soterrada á tensión nominal de deseño de 66 kV, en dobre circuíto ata o seu apoio nº 8 e en simple circuíto o resto da liña, con orixe na central hidroeléctrica Novo Castrelo e remate na central hidroeléctrica de Ponte Olveira, nos termos municipais de Dumbría e Mazaricos (expediente IN408 A 2005/12), por resolución da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas do 12 de xullo de 2013, a favor da entidade beneficiaria Ferroatlántica, S.A.U. con enderezo na estrada ao miradoiro, s/n, Ézaro, 15297 Dumbría (A Coruña).

Esta xefatura territorial acorda sinalar os días 9, 10, 11 e 12 de setembro de 2013 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas cales describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos dos concellos de Dumbría e Mazaricos, deducida da que se someteu a información pública no DOG, BOP e no diario La Voz de Galicia de datas 23 de marzo de 2013, 22 de marzo de 2013 e 15 de marzo de 2013, respectivamente, acto ao cal deberán concorrer os propietarios propostos dos predios afectados, aos que se lles practicará notificación individual, sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida Casa do Concello.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da devandita Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 29 de xullo de 2013

P.A. (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial