Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 5 de agosto de 2013 Páx. 31228

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por instalacións eléctricas (expediente 271/2011) LMTA, CTI e RBTA Santaia-Gorgullos (Tordoia).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 253 m, coa orixe en apoio existente da LMT MEI-823, tramo entre derivada a CT Gorgullos e derivada a CT Buba Tordoia e final no centro de transformación que se instalará no lugar de Santaia-Gorgullos, no termo municipal de Tordoia (expediente 271/2011), por resolución desta xefatura territorial de data 28 de xuño de 2013, a favor da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución S.A., con enderezo na avenida de Arteixo, nº 171, 15007 A Coruña.

Esta xefatura territorial acorda sinalar o día 29 de agosto de 2013 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Tordoia, deducida da que se someteu a información pública no DOG, BOP e no xornal El Correo Gallego de datas 14.10.2011, 4.10.2011 e 5.10.2011, respectivamente, acto a que deberán concorrer os propietarios propostos dos predios afectados, aos cales se lles practicará notificación individual sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa do concello.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da dita Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 15 de xullo de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña