Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 5 de agosto de 2013 Páx. 31224

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Frades (expediente IN407A 2013/43).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: UDESA.

Domicilio social: rúa José Ángel Valente, 17, baixo, local 62,15706 Santiago de Compostela.

Denominación: LMTS, CTC, RBTS Peñasco (Abellá-Frades).

Situación: concello de Frades.

Características técnicas:

• Pasos aéreo-subterráneos MT.

Tensión nominal: 20 kV.

Tensión de servizo: 20 kV.

Tipo: pasos aéreo-subterráneos que se realizarán no último apoio existente de tipo C-14/2000 da LMT Pardiñas-Peñasco (expediente 2.002/163), (UTM: 553.996; 4.770.588).

• Tramo LMT subterránea Pardiñas-Peñasco (expediente 2.002/163).

Inicio liña (UTM): paso aéreo-subterráneo que se realizará no último apoio existente de tipo C-14/2000 da LMT Pardiñas-Peñasco (expediente 2.002/163), mesmo apoio onde se realizarán os pasos aéreo-subterráneos das liñas LMT Peñasco-Marís (expediente 2.002/163) e LMT Peñasco-Barbeiros (expediente 24.881) (UTM: 553.996; 4.770.588).

Final liña (UTM): cela de liña que se instalará no novo CT Peñasco proxectado (UTM: 554.001; 4.770.586).

Lonxitude: 22 metros.

Categoría: terceira.

Condutor: RHZ1-2OL-12/20kV – 3*(1*240) AL.

Tensión nominal: 20 kV.

• Tramo LMT subterránea Peñasco-Marís (expediente 2.002/163).

Inicio liña (UTM): cela de liña que se instalará no novo CT Peñasco proxectado (UTM: 554.001; 4.770.586).

Final liña (UTM): paso aéreo-subterráneo que se realizará no primeiro apoio existente de tipo C-14/2000 da LMT Peñasco-Marís (expediente 2.002/163) (UTM: 553.996; 4.770.588).

Lonxitude: 20 metros.

Categoría: terceira.

Condutor: RHZ1-2OL-12/20kV – 3*(1*240) AL.

Tensión nominal: 20 kV.

• Tramo LMT subterránea Peñasco-Marís (expediente 2.002/163).

Inicio liña (UTM): cela de liña que se instalará no novo CT Peñasco proxectado (UTM: 554.001; 4.770.586).

Final liña (UTM): paso aéreo-subterráneo que se realizará no primeiro apoio existente de tipo C-14/2000 da LMT Peñasco-Barbeiros (expediente 24.881) (UTM: 553.996; 4.770.588).

Lonxitude: 20 metros.

Categoría: terceira.

Condutor: RHZ1-2OL-12/20kV – 3*(1*240) AL.

Tensión nominal: 20 kV.

• Novo CT Peñasco.

Tipo: edificio prefabricado de formigón.

Illamento: aceite mineral.

Potencia: 160 kVA.

Relación de transformación: 20/0,4 kV.

Protección contra sobretensións: termómetro de contactos.

Protección contra sobreintensidades: fusibles de 8A.

• Saídas RBT subterráneas do novo CT Peñasco.

Orixe: novo CT Peñasco.

Lonxitude: 45 metros.

Condutores: XZ1-0,6/1 kV-4(1×240AL).

Nº de circuítos: 3.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 5 de xullo de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña