Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 5 de agosto de 2013 Páx. 31231

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2013 pola que se anuncia a licitación, polo trámite ordinario e procedemento aberto multicriterio, para a adxudicación do contrato non harmonizado das obras de reforma da residencia de maiores de Caranza-Ferrol.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Obras.

b) Número de expediente: 67/2013.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de reforma da residencia de maiores de Caranza-Ferrol.

(CPA: 41.00.3), (CPV: 45000000-7).

b) Lugar de execución: Ferrol.

c) Prazo de execución: 18 meses.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: un millón seiscentos setenta e un mil seiscentos oitenta e oito euros con setenta e nove céntimos (1.671.688,79 €), IVE incluído.

Anualidade 2013: 100.000,50 €.

Anualidade 2014: 1.380.000,10 €.

Anualidade 2015: 191.688,19 €.

5. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: si (5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído (69.078,05 €).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados no Servizo de Obras da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono:

– Información índole administrativa: 981 54 46 52 (Mª José Rodríguez Novoa).

– Información índole técnica: 981 54 72 43 (José Luis López Cousillas).

e) Fax: 981 54 56 85.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata rematar o prazo de presentación de ofertas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19229

O prego de prescricións técnicas (proxecto) que rexerá esta contratación estará á disposición dos interesados para o seu exame durante o prazo de presentación de ofertas, na copistaría: Copy Nino, situada na rúa Feáns, 19, Santiago de Compostela (teléfono 981 58 89 38).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: ver punto 16 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares e o punto 3.3 do dito prego.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: vinte e seis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 3 do prego de cláusulas administrativas particulares; deberá figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de que estean inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia, deberán reflectilo de forma fidedigna no exterior do sobre A, indicando o número de rexistro asignado.

c) Lugar de presentación:

1. Oficina de Rexistro Único e Información no Complexo Administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, de luns a sábado das 9.00 ás 14.00 horas.

2. As proposicións poderán enviarse por correo dentro do prazo de admisión indicado, xustificando a data de imposición do envío anunciándoo á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar mediante télex, fax ou telegrama, no mesmo día e nun só envío.

Se a documentación se presenta en calquera outro rexistro diferente ao indicado nos parágrafos anteriores, a proposta non será admitida á licitación.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses desde a apertura en acto público.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: o acto público de apertura dos sobres B e C efectuarase no lugar, data e hora que se publicará no perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19229, con tres días hábiles de antelación á súa realización.

10. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2013

P.D. (Artigo 1 da Orde do 19.8.2009)
Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar