Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 5 de agosto de 2013 Páx. 31218

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Arteixo (expediente IN407A 2011/184-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: UTE acceso porto A Coruña.

Domicilio social: estrada Estación, s/n, Sigueiro, 15888 Oroso.

Denominación: CS e CT de 630 kVA para acceso ao porto da Coruña.

Situación: Suevos (X: 541.861-Y: 4.799.394), Arteixo, A Coruña.

Características técnicas: CS en caseta prefabricada, con celas de entrada, saída e seccionamento; CT conexións a celas e trafo con RHZ1 AL 12/20 kV 1×95 mm2, cela de liña, de protección e de medida 24 kV, 400 A, e trafo de 630 kVA, 15-20/0,42 kV, refrixeración natural en aceite, en acceso ao porto da Coruña.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente ao seu dereito.

A Coruña, 1 de xullo de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña