Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 5 de agosto de 2013 Páx. 31217

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Oleiros (expediente IN407A 2013/99-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Restaurantes McDonalds, S.A.

Domicilio social: Somera, 5, 28023 Madrid.

Denominación: CS e CT de 250 kVA para resturante MacDonalds.

Situación: rúa Pegaso, 102, Oleiros.

Características técnicas: CS en caseta prefabricada con 3 interruptores-seccionadores de 24 kV, 400 A. CT na mesma caseta prefabricada con transformador de 250 kVA, 15/0,42 kV, Seco. Aparellaxe de protección e medida en cabinas metálicas prefabricadas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte á publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 26 de xuño de 2013

Susana Vazquez Romero
Xefa territorial da Coruña