Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 5 de agosto de 2013 Páx. 31220

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Cerceda (expediente IN407A 2013/24).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: UDESA.

Domicilio social: rúa José Ángel Valente, 17, baixo, local 62, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: LMT e CS a depuradora Cerceda.

Situación: concello de Cerceda.

Características técnicas:

– LMT subterránea a centro de seccionamento:

Inicio de liña (UTM): cela de liña en CI punto fronteira (expediente 2.009/462).

Final de liña (UTM): cela de liña proxectada no CS depuradora Cerceda.

Lonxitude: 302 m.

Condutor: RHZ1-2 OL-12/20 KV-3 (1×240 AL).

Tensión nominal: 20 kV.

– Centro de seccionamento:

Tipo: prefabricado.

Xogo de barras tripolar de 400 A.

Interruptor seccionador de corte en SF6 de 400 A, 24 kV

Seccionador de posta a terra en SF6.

Indicadores de presenza de tensión.

Bornes para conexión de cable.

Embarrado de posta a terra.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 4 de xullo de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña