Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 1 de agosto de 2013 Páx. 30614

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5810/2008).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 5810/2008 MAY.

Materia: recarga de accidente.

Recorrente: Jorge Lorenzo Tato.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Pavimentos Suárez Vibel, S.L., Obras y Vías de Galicia, S.A.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 1 de Pontevedra.

Demanda 719/2007.

Secretaría: María Socorro Bazarra Varela.

Nas actuacións de recurso de suplicación número 5810/2008 MAY a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 719/2007 do Xulgado do Social número 1 de Pontevedra, promovidos por Jorge Lorenzo Tato contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Pavimentos Suárez Vibel, S.L., Obras y Vías de Galicia, S.A., sobre recarga de accidente, con data 9 de maio de 2013 ditou resolución a Sala IV do Tribunal Supremo cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«A sala acorda: declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo letrado Carlos Romero Mengoti, en nome e representación de Jorge Lorenzo Tato contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de data 10 de abril de 2012, no recurso de suplicación número 5810/2008, interposto por Jorge Lorenzo Tato fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Pontevedra de data 30 de setembro de 2008, no procedemento número 719/2007 seguido por instancia de Jorge Lorenzo Tato contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega, Pavimentos Suárez Vibel, S.L. e Obras y Vías de Galicia, S.A., sobre recarga de prestacións. Declárase a firmeza da sentenza contra a que se recorre, sen imposición de custas á parte recorrente. Contra este auto non cabe recurso ningún. Devólvanse os autos de instancia e a peza de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia con certificación desta resolución e comunicación. Así o acordamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia co fin de que lle sirva de notificación en forma a Obras y Vías de Galicia, S.A., con último domicilio coñecido en Pontevedra, r/ Marqués de Riestra, 34, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 10 de xullo de 2013

A secretaria xudicial